


inabarcable masterclass de actuacion, non só nos momentos de berros e nos longos monólogos, senón tamén en cada paso dun punto a outro da habitación, en cada expresión. Ver como o matrimonio Burton-Taylor baila sobre a delicada liña que separa ficción e realidade interpretando a outro matrimonio conflictivo é por suposto o mellor da película, pero tamén Segal e Sandy Dennis son capaces de aguantarlles o ritmo e darnos unha performance para a historia o diálogo é brutal e delirante, cunha explosión de emocións que cambia as relacións das personaxes en segundos, en décimas de segundo incluso, nun torbellino no que do amor ao odio hai dous milímetros de cambio nunha boca, donde nada é tan fácil. é a vida exaltada, os sentimentos en esteroides, a cousa máis teatral e esaxerada no bo sentido que vin en moito tempo. Isto por suposto é exemplificado na antolóxica mostra de talento de Elizabeth Taylor, nun papel moi atrevido para un sex symbol mundial como ela, completamente desmitificada e afeada (incluso así refulxindo con luz propia), dando unha cara humana e núa e demostrando o magnifica actriz que é unha vez máis. Non sei que máis dicir a verdade, é unha película que flúe tan tan ben que fai dúas horas sentir como unha, e á vez aproveita cada segundo da súa duración. É densa e lixeira á vez, é todo. Que boa historia tan ben contada con tan pouco, narrativa en paños menores, clase maxistral en como preparar o conflito e a revelación. Vida en tres actos


un absoluto sinsentido, un despropósito de guion aburridísimo. cada intento de manter todas as películas conectadas e á mesma vez aumentar as expectativas e a perigosidade máis e máis con cada entrega o único que fai é meter aos escritores nunha rúa sen saída e que teñan que facer un peor traballo cada vez máis para xustificarse. Resulta que detrás da organización secreta da segunda hai unha organización secreta, porque si, e detrás do oportunista banqueiro do terror da primeira hai un grupo que xa se autofinancia, e así sucesivamente. Ademais, o maior desmérito de esta película é o pouco que acaba interesando dentro do seu sinsentido. As esceas de loita e persecución, excepto nas que sae Dave Batista, highlight da película, son sosas e sen moita imaxinación. E o extenso cast de pequenos cameos de superestrelas do cine, como Monica Bellucci que sae 3 minutos, quitan da pouca inmersión que podías ter aínda. Cristopher Waltz está tremendamente desaproveitado nunha personaxe baleira e que parece mala por selo, un neno pequeno ao mando da organización máis importante do mundo que adica o seu tempo a facer fotocopias coas caras da xente que lle cae mal e a foderlle a vida a un home do que tiña envexa de neno. Probablemente as partes que mellor exemplifican o desastre narrativo de Spectre son as decisións que toma esta personaxe e en xeral todo o que o rodea. Polo menos a primeira escea do plano secuencia en Mexico D.F. estaba bastante chula. Bástavos con ver entón os primeiros 3 minutos da película. Que maneira de baixar o listón de Sam Mendes despois do seu gran traballo en Skyfall. Aínda ten momentos moi estilísticos e cinemáticos, pero nin coa mellor fotografía do mundo salvas este guion de película de hostias de martes pola tarde en 13tv.