Spectre
un absoluto sinsentido, un despropósito de guion aburridísimo. cada intento de manter todas as películas conectadas e á mesma vez aumentar as expectativas e a perigosidade máis e máis con cada entrega o único que fai é meter aos escritores nunha rúa sen saída e que teñan que facer un peor traballo cada vez máis para xustificarse. Resulta que detrás da organización secreta da segunda hai unha organización secreta, porque si, e detrás do oportunista banqueiro do terror da primeira hai un grupo que xa se autofinancia, e así sucesivamente.
Ademais, o maior desmérito de esta película é o pouco que acaba interesando dentro do seu sinsentido. As esceas de loita e persecución, excepto nas que sae Dave Batista, highlight da película, son sosas e sen moita imaxinación. E o extenso cast de pequenos cameos de superestrelas do cine, como Monica Bellucci que sae 3 minutos, quitan da pouca inmersión que podías ter aínda.
Cristopher Waltz está tremendamente desaproveitado nunha personaxe baleira e que parece mala por selo, un neno pequeno ao mando da organización máis importante do mundo que adica o seu tempo a facer fotocopias coas caras da xente que lle cae mal e a foderlle a vida a un home do que tiña envexa de neno. Probablemente as partes que mellor exemplifican o desastre narrativo de Spectre son as decisións que toma esta personaxe e en xeral todo o que o rodea.
Polo menos a primeira escea do plano secuencia en Mexico D.F. estaba bastante chula. Bástavos con ver entón os primeiros 3 minutos da película. Que maneira de baixar o listón de Sam Mendes despois do seu gran traballo en Skyfall. Aínda ten momentos moi estilísticos e cinemáticos, pero nin coa mellor fotografía do mundo salvas este guion de película de hostias de martes pola tarde en 13tv.