Double Indemnity
foder con billy wilder, o cabrón viviu sempre nun estado medio entre o seu ano e o noso, atemporal, perpetuo.
esta película é unha perfecta mostra diso. porque é unha cinta ao desnudo, sen grandes artificios, nin efectos prácticos, nin necesidade do melodramático. é unha película que se mantén en pé por si mesma, testemuña dunha auténtica mestría da séptima arte.
como en toda boa obra, todo acompaña, todo funciona dunha maneira unida e cohesionada. é unha película noir ante todo, pero non queda reducida ás paredes deste xénero. elévase temáticamente sobre outras historias menos inspiradas, tomando as proporcións dunha película reflexiva e con interesantes posturas acerca da alienación, do espírito humano, da súa psique; á vez que da lugar a un thriller cautivador e orixinal. este thriller, coa velocidade lenta pero segura do tranvía (ou o tren) que tan relevante é conceptualmente na historia, arrasa con todo ao seu paso sen acelerar nunca, sen un ritmo frenético, pero mantendose forte, brutalmente interesante, ata a última imaxe.
e vaia imaxes! sen reinventar a roda, esta película punza os seus fotogramas nos teus ollos, con gran cantidade de momentos memorables. aí é onde atopamos a grandeza de Double Indemnity, na súa maneira de perdurar, na súa solidez. esceas como as do supermercado, ou a do encontro final, coas persianas pechadas e a luz rachada cortando os corpos, ... é o culmen do noir, clásico, pero á vez memorable. herda o mellor do noir nesta forma de capturar a realidade, nesta depresiva e ofuscante cinematografía. outra cousa que adoro deste cine é o uso do narrador, que aquí ademais é diexético e perfectamente implementado, ademais de marabillosamente escrito. do mellor da peli ("como podería saber que o asasinato ás veces ule a chuchamel?" chills), que en sí xa está escrita como se baixara deus do ceo cunha Remington.
quero destacar tamén dúas cousas máis antes de marchar: a marabillosa actuación de Barbara Stanwyck, encarnando á femme fatale á perfección, dunha forma que, incluso coñecendo o arquetipo, sorprende na súa perversión, e engancha e retorce a pracer ao espectador do mesmo modo que o fai co protagonista e co resto de personaxes. fría, calculadora, a medida que avanza á peli deixanos ver máis e máis o artificio, a trampa. unha actuación moi sútil, chea de pequenos matices, moi meta se permitides a expresión.
a outra cousa a destacar é a dinámica entre Keyes e Walter. estamos a ver acaso representación homoromántica xenuina nunha película dos anos 40? é isto acaso posible? ben é certo que Wilder non é alleo ao tema e xa podese ver de forma (aínda que cómica) explícita en "Con faldas e ao loco", así que non é unha idea tan descabelada. a súa relación é algo máis que unha de mentor e pupilo, o xeito no que el nunca casou porque non lle pareceu o correcto no último minuto, como nunca leva cerillas para que o outro lle acenda o cigarro, esa última conversa... polo menos pola súa parte pareceme bastante seguro que é o que estamos a presenciar. En todo caso, racha bastante cos roles de xénero tan férreos da década, e do xénero noir.
peliculón como poucos hai