Resurrection
CINEUROPA #5
Non podo pretender ter entendido ao completo esta película, pero isto non é razón para quitarlle mérito á que probablemente é a cinta máis ambiciosa dos últimos tempos. Unha viaxe surreal a través dos sentidos, das distintas eras da historia chinesa e, sobre todo, das distintas épocas do cine.
Porque esta película, baixo todas as distintas tramas e subtramas e ideas que a poboan (que non son para nada poucas) é un filme acerca do cinema. Dende o comezo ata o final, a película estache a observar, céntrase na súa audiencia, ti es tanta parte do que sucede como as personaxes. Esta película existe dentro e fora da pantalla, xa que é unha celebración das ilusións, dos soños, da maxia, de todo o que está fora do real, que nos consume e nos fai vivir. Dende o cine mudo e comico de fai un século ata a actualidade, pasando polo noir, polo expresionismo, polas cintas de espionaxe e as comedias de roubos. Unha homenaxe ao medio, un auténtico golpe na mesa.
E vaia golpe na mesa. Todos os fragmentos teñen os seus momentos a aprezar, pero o último deles, co seus plano secuencia de 35 MINUTOS (!?!??) é un dos momentos máis espectaculares da historia do cine. Sen esaxerar esta é probablemente das películas máis visualmente alucinantes que vin xamais, e canto máis penso nela e máis cadra todo (no cine foi tan surreal que non me parece plausible comprender todo o que está a suceder no momento) máis creo que estou a ver unha das mellores películas de todos os tempos. Un visionado mais e 5 estrelas, experiencia única, rara, con pouca conexion aparente ás veces, difícil, pero espectacular.
Imperdible, monumental.