Sentimental Value
cinema de autor que á vez síntese completamente accesible, ambición sen desconectar do grande público. Unha película para apreciar superficial e esencialmente, sobre todos e para todos.
ante todo é tremendamente humana, e adoito tirar bastante esa palabra nas miñas reviews pero neste caso é probablemente no que máis aplica. Non recordo unha película en tempos recentes onde as personaxes se sentiran TAN reais. Parecen persoas, non ten sentido o ben definidos que están, cada quen coas súas imperfeccións, manías e sutilezas, e sempre sempre actuando dunha maneira completamente natural, nunca parece que o que fan se fai para que progrese a película porque non parecen persoaxes de película.
a dinámica familiar que constitúe o eixo central da trama é complexa, tremendamente ben pensada e elaborada, e amosa un entendemento de todas as partes da condición humana e unha madurez á hora da caracterización que é honestamente despampanante. Joachim Trier é meticuloso e xentil, levando as emocións do espectador dun lado ao outro coma un cuarteto de cordas nunha voda: íntimo e á vez medido ao pulso. Esta meticulosidade non implica unha desatención ás emocións como xa dixemos, e a peli é capaz de ter momentos realmente cómicos (regalarlle The Piano Teacher ao teu neto de 9 anos é crazy work) con momentos desgarradores (hai unha escea xa no comezo onde Skarsgard sofre un rexeitamento, e o pequeno derrubo que sofre na súa expresión é tan sutil e devastador que tiven calafríos), todos eles tremendamente entrañables e bonitos.
Stellan Skarsgard é unha auténtica marabilla de actor, e eu tendo a ser moi fan do xénero “vello trata de adaptarse a un mundo e correxir erros mentres pode” no que se inscribe a súa persoaxe, que me recordou a Otto en “Fresas Salvaxes” de Bergman (esta película ten moito de Bergman), pero a película ten unha actuación coral estrondosa onde todas as voces brillan cun rexistro anxelical. Renate Reinsve e Inga Ibsdotter encarnan dúas reaccións ao trauma moi distintas, dúas irmás cun vínculo inquebrantable; Elle Fanning, tirada no medio desta voráxine, co seu tacto e respecto, é tamén xenial de ver, e de novo Skarsgard, distante e presente, cariñoso e desaparecido, encarna ao complicado pai como se lle fora a vida nel.
unha película sobre a familia que deixa contigo o cinema e se mete nas gretas das paredes, nas da túa casa e nas do teu cráneo