The Handmaiden
Park Chan-Wook é un completo mestre na recontextualización. É incrible como xa non os elementos da historia, dividida en partes, cambian só dependendo da lente coa que se observan, creando unha dualidade deliciosa, senón como tamén é capaz de mudar o significado dos símbolos a vontade, convertindo os malos agoiros en complicidade e esperanza, as miradas tristes en amorosas. Non teño a ninguén con quen falar sobre o ben que fai isto nesta película, estou completamente alucinado. Que xuntas están todas as emocións, que complexa é a experiencia humana, que pedazo de director é Park Chan-Wook.
Ademais, a cinematografía, ampla, luxosa, é un verdadeiro pracer visual, e a maneira na que esta película rebosa sensualidade sen caer nos tópicos visuais das escenas sexuais é tamén de moi bo gusto. A de Kim Tae-ri é sen dúbida a mellor actuación da película, enérxica, emotiva, brutal, viva. Adoro todo acerca desta película.