CINEUROPA #8
Completamente parcial nista porque a miña profesora de lingua castelá en terceiro da ESO é a encargada do latín e fai un pequeno cameo na peli, vela na gran pantalla foi unha auténtica locura, como un pai orgulloso.
É de apreciar como esta película impón o seu ritmo, as súas normas e o seu espazo, cunha cantidade ínfima de planos, con apenas movemento. O traballo do director neste caso é por a cámara a grabar e deixala grabar, vendo como a maxia do cine toma forma por si sola. Isto conleva sacrificar o ritmo da peli, que pode (e debe) resultar extremadamente lenta, pero a favor dunha potenciación do espazo e das poucas cousas que suceden nel. O radical deste filme achase no seu silencio formal, en deixarte a ti falar coa cinta.
Logo, a parte do latín é incrible (totalmente parcial debo recordar), a transición entre épocas e o shock de escoitar unha lingua morta renacer, e notar que en verdade non había tanta diferenza entre os de antes e os de agora, que o humano sempre é humano para ben ou para mal, e que o mozo segue sendo mozo independentemente do ano, é unha experiencia bárbara.
Captura de forma moi bonita ese momento de cambio, de dúbidas e de comprensións entre a adolescencia e a adultez